Acueduto de les Ferreres
Conxunto arqueolóxico de Tarraco | |
---|---|
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Cataluña (España) |
Localización | Tarragona, 41°08′44″N 1°14′38″L / 41.14556, -1.24389 |
Tipo | Monumento hiostórico |
Criterios | ii, iii |
Inscrición | 2000 |
Rexión da UNESCO | Europa |
Identificador | 875rev |
O Acueduto de les Ferreres (en catalán: Aqüeducte de les Ferreres), en ocasións denominado tamén de Pont del Diable (Ponte do Diaño), é unha arcada romana que forma parte do acueduto que fernecía auga dende o río Francolí á cidade de Tarraco (Tarragona), dende unha distancia de 25 quilómetros. A arcada está situada nos arredores da cidade de Tarragona, (Cataluña, España) que foi designada «Patrimonio da Humanidade» pola Unesco, grazas a que é un dos monumentos da época romana que se conservan en extraordinario bo estado.
Historia
[editar | editar a fonte]O acueduto foi construído no século I a.C. por Augusto e fornecía auga dende o río Francolí á cidade de Tarraco, capital da provincia romana Hispania Citerior Tarraconensis que abarcaba, na súa época de máximo esplendor, dúas terceiras partes da Península Ibérica (incluíndo nalgunhas épocas á Gallaecia). Utilizouse até ben entrado o século XVIII.
Características
[editar | editar a fonte]Situado a 4 quilómetros ao norte da cidade. Mide 217 metros de longo e 27 metros de altura máxima. Ten dous niveis con arcos superpostos e construído en obra de perpiaños unidos en seco. Distan 40 centímetros de desnivel desde a súa parte norte á parte sur, o que facilitaba o discorrer da auga até a vila.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Conxunto arqueolóxico de Tarraco
- Circo romano de Tarraco
- Anfiteatro de Tarraco
- Arco de Berà
- Muralla de Tarragona
- Torre dos Escipións
- Teatro romano de Tarraco
- Foro romano de Tarraco
- Cemiterio paleocristián de Tarragona
- Canteira romana de El Médol
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acueduto de les Ferreres |